Falar sen cancelas

Adianto dos contidos do suplemento Táboa Redonda do vindeiro domingo

Ramón González Rey remóntanos ás orixes dos monólogos cómicos, centrándose na figura de Lenny Bruce, para axudarnos a reflexionar sobre a situación da liberdade de expresión. Lois Pérez subliña a necesidade de ficar de pé, da dignidade que achega a stand up.  Javier Nogueira analiza o independentismo coa base do ensaio Las guerras civiles, de David Armitage. Antonio Costa Gómez lembra a poeta Katheleen Raine nunha praia de Escocia habitadas por fadas. Ramón Rozas leu Street poems, os grafitis líricos que Fran Alonso convertiu en poemario. Jaureguizar confesa a nostalxia dun Maio do 68 en Compostela que non coñeceu e a súa fascinación por un personaxe de entón, o ferrolán Príncipe Galín.

Más en Táboa Redonda
Comentarios