Estes son os contidos do Táboa Redonda deste domingo: Corazón de boi
Abott Joseph Liebling creou un novo xeito de narrar o xornalismo, aínda que non lle puxo nome. Javier Nogueira comenta unha historia dos papas, como aquel que foi desenterrado para xuzgar o seu cadáver. Nacho Mojón lamenta os xuízos sumarios que fan as redes sociais coas persoas. Antonio Costa Gómez fala de príncipes epilépticos que gozan con éxtases. Ramón Rozas mira Galicia dende o asento dun autobús guiado por María Reimóndez. Portorosa fala da tristeza segreda que nos acompaña mesmo cando somos felices. Camilo Franco pregunta se a literatura de aeroporto é literatura co gallo do novo ministro de Cultura. Jaureguizar confesa que os amigos se lle aparecen cando está durmindo.