viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

O fusil burgués

Adianto dos contidos do Táboa Redonda do próximo domingo

Javier Nogueira comenta un libro de Laurence Debray, filla duns burgueses que loitaron contra a súa clase na selva do Che Guevara. Nieves Neira atopou en Portugal un libro sobre Georgia O'Keeffe, que fixo florecer o deserto. Portorosa sométese á proba de volver á casa na que vivira. Juan Tallón revélanos a sorprendente figura de Glenn Horowitz, que de rapaz se propuxo vivir da cultura e logrouno. Antonio Costa Gómez envexa á poeta xaponesa Akiko Yosano, que sabía entrar nos soños doutras persoas. Camilo Franco adiántase á reedición de The White Album, o disco co que The Beatles deixaron de ser The Beatles para volver selo. Jaureguizar descobre a decepción de ler a Hemingway.

O fusil burgués
Comentarios