Piano á intemperie

Adianto dos contidos do Táboa Redonda deste domingo

O pianista James Rhodes aparece como un xenio destrozado no perfil que lle traza Manuel Veiga Taboada. Camilo Franco pensa que o disco de Iván Ferreiro con versións de Golpes Bajos, Cena recalentada, responde ao seu título. Antonio Costa roga a Dylan Thomas para que lle contaxie o seu cosmos bébedo e axitado de celtismo, cristiandade e individualidade. Javier Nogueira pide que se lea a Walter Benjamin máis aló da anécdota de que se suicidou en Port Bou para fuxir dos nazis. Portorosa ten a teoría de que o Imperio Británico se fundou sobre un bocata de queixo con cogombros. Juan Tallón aspira a que outubro sexa un agosto demorado. Jaureguizar infórmase de que Cunqueiro inventou unha nación celta.

Más en Táboa Redonda
Comentarios