Ridículo moderno

Adianto dos contidos do Táboa Redonda deste domingo, 15 de abril

María Valcárcel repasa o cinema co que Jacques Tati se burlaba dos avances tecnolóxicos ao cumprirse sesenta anos dende a estrea de Mon oncle. Camilo Franco comenta que o Centro Dramático Galego representa a Valle Inclán con retórica de Tele 5. Portorosa lembra os paraísos musicais da publicidade. Antonio Costa Gómez susurra, con Ursula Le Guin, que as máquinas non substitúen a vida.  Javier Nogueira le un ensaio de James Holland sobre a Segunda Guerra Mundial. Ramón Rozas saúda uns relatos escritos por Eça de Queiroz, que foron apuntamentos para a novelística. Nacho Mojón lembra como lle gusta celebrar os seus festivos locais noutra cidade. Jaureguizar lamenta o cese de Manuel Bragado en Xerais.

Comentarios