Lois Pérez fala de Chet Baker, que evitou a ortodoxia das partituras para axitar a escena do jazz. Ramón Rozas explica por que é imposible ignorar as fotografías de Chema Madoz. Portorosa lembra un poema triste sobre follas rolando por unha pista de tenis. Juan Tallón conta as veces que simulamos a morte como xeito de afirmarnos na vida. Manuel Veiga Taboada recolle a estrañeza que ten a diplomacia europea de que España non reinvindique ao seu pasado árabe. Manuel Gago descúbrenos que os arcebispos de Compostela misaron ata o século XVI sobre unha lousa dedicada a deuses romanos. Jaureguizar aprende que o lagarto de Lacoste custa un euro tras ler un ensaio sobre deseño de Pepe Barro.
Sen partitura
Adianto dos contidos do Táboa Redonda do vindeiro domingo, 30 de setembro