Tres intoxicados en Vigo pola mala combustión dun braseiro en Noitevella

Sucedeu na rúa Toledo, á altura do número 65

Tres persoas tiveron que ser trasladadas a pasada tarde ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, ao intoxicarse nunha vivenda pola mala combustión dun braseiro. Sucedeu na rúa Toledo, á altura do número 65.

Foi o 061-Urxencias Sanitarias quen alertaba dos feitos ao 112 Galicia uns minutos antes das 19:00 horas e, enseguida, o persoal do CIAE-112 puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local, da Policía Nacional e de Protección Civil.

Unha vez na vivenda, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo comprobaron que o brasero xa estaba apagado, ventilaron a vivenda e levaron ao cabo as medicións de gas na casa, que resultaron negativas.