18 destilados amparados polo C. R. aguardiantes e licores tradicionais de Galicia reciben a ''distinción gallaecia 09''

Cincuenta e catro destilados, amparados polo Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, protagonizaron a cata da Asociación de Catadoras de Galicia (Gallaecia), na que participaron catorce profesionais. Destes só dezaoito recibirán a ''Distinción Gallaecia 09'' e formarán parte do folleto que a asociación realizará cos distinguidos para repartir en establecementos de toda España. Os elixidos foron seis augardentes de bagazo, dous envellecidos, un de herbas, cinco licores de herbas e catro licores café.

A presentación do resultado desta selección realizouna o presidente da Asociación de Catadoras Gallaecia, Xurxo Rivas, e o presidente do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Evaristo Rodríguez, quen destacou que se trata dunha mostra bastante ampla dos produtos amparados por este Consello Regulador que, ao mesmo tempo, pon en valor a calidade destes destilados que cada vez contan cun maior recoñecemento por parte do consumidor''. Así, Xurxo Rivas describiu esta actividade como ''unha forma de fomentar o coñecemento destes destilados e da súa cultura''. Ademais aproveitou para felicitar a este Consello Regulador: ''porque máis do 30 % das mostras obtiveron unha distinción gallaecia''.

A guía de devandita asociación estará integrada polos cincuenta e catro augardentes e licores participantes.

Produtos

Augardentes de bagazo

1.Fefiñanes (Adegas Palacio de Fefiñanes)
2.Lauro de Nobreza (Adegas Campante)
3.Pazo Casanova (Adegas Pazo Casanova)
4.Pazo de Señoráns (Adegas Pazo de Señoráns)
5.Valdomiño (Destilería Pazo Valdomiño)
6.Zárate (Eulogio Pomares Zárate e Fillos)
Augardentes envellecidas

1.Fefiñanes envellecido (Adegas Palacio de Fefiñanes)
2.Fillaboa envellecido (Adegas Fillaboa)

Augardente de herbas

1.Pazo Valdomiño Augardente de Herbas (Destilería Pazo Valdomiño)

Licor de Herbas

2.Lúa Licor de Herbas (Coop. Vitivinícola do Ribeiro)
3.Quenza Licor de Herbas (Sidrería Galega)
4.Pazo Valdomiño Licor de Herbas (Destilería Pazo Valdomiño)
5.Terras Celtas Licor de Herbas (Destilería Pazo Valdomiño)
6.Viña Branca Licor de Herbas (Adega Viña Branca do Salnés)

Licor Café

1.Quenza Licor Café (Sidrería Galega)
2.Pazo Galegos Licor Café (Adega Manuel García Gómez)
3.Pazo Valdomiño Licor Café (Destilería Pazo Valdomiño)
4.Terras Celtas Licor Café (Destilería Pazo Valdomiño)

Comentarios