Adartia 2008


Zona: DO Ribeira Sacra.
Subzona: Ribeiras de Miño.
Colleita: 2008.
Uva: Mencía.
Maridaxe: Coello asado ao forno con patacas e cogomelos.
Grao: 12,5% vol.
Temperatura: de consumo aconsellada 12-14º C

Cruzamos o río Miño desde Sanfiz ata Pesqueiras polo encoro de Belesar e aproveitamos os seus máis de 130 metros para deternos no medio. Se diriximos a nosa mirada cara á esquerda podemos ver un espello de auga no que se reflicte O Penedo de Aveado. Se miramos en sentido contrario podemos contemplar ladeiras escarpadas de granito e, nalgunha ocasión, tamén podemos atoparnos cos aliviadoiros abertos desprendendo unha sonora nube branca.

Seguimos o noso camiño cara a un viñedo próximo situado nas Caldelas, moi próximo ao pobo de Pesqueiras, no Saviñao. Unha antiga e pedregosa vía de servizo aos aliviadoiros do encoro serve tamén como acceso ao viñedo Adartia. Paseamos entre as cepas de mencía, onde colgan as uvas acompañadas polo silencio e unha fermosa paisaxe.

Picota
Tons vivos de cor picota con ribete violeta que indican a súa mocidade. En nariz presenta unha intensidade aromática alta, onde  resaltan aromas de froitas  vermellas maduras e un toque mineral. En boca é fresco, agradable, saboroso e ben conxuntado.

Comentarios