Algueira Branco Barrica 2007

Zona DO: Ribeira Sacra, Amandi. Colleita: 2007. Uva: godello, albariño, loureira e treixadura. Maridaxe: Capón guisado con patacas e pementos. Grao: 12,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 9-10º C

Lembro que, recentemente, visitei Doade guiado por un enólogo de Ribeira Sacra. Logo de facer un percorrido pola ladeira da Teixeira, cambiamos de ladeira e subimos desde o embarcadoiro ata a cantina de Doade, onde tomamos uns viños.

Renovamos a marcha e detivémonos na entrada de Adegas Algueira. Sombras de carballos e castaños augurábannos unha espléndida comida no restaurante O Castelo. O día era caloroso.

Sentados na terraza escoitabamos atentamente a Fernando González Riveiro como nos recomendaba unha das especialidades da casa: o capón guisado con patacas e pementos acompañado dun viño branco plurivarietal con crianza de doce meses en barrica de carballo francés sobre os seus leas.

Palla
A súa cor é amarelo palla con escintileos verdosos e reflexos dourados. Na fase olfativa presenta unha alta expresión aromática, con agradable sensación de froitas brancas e verdes matices de flores brancas con finos recordos tostados. Equilibrado en boca, na que persisten a froita e os toques de madeira.

Comentarios