As choivas darán unha 'minitregua'

Este xoves as altas presións moveranse máis cara ao norte, polo que a estabilidade atmosférica irá en aumento a medida que avance o día. Polo tanto, empezará a xornada con ceo nubrado en xeral e choivas débiles na metade norte, con nubes que tenderán a ir desaparecendo na segunda metade do día na metade sur. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo do suroeste pola mañá, rolando a noroeste pola tarde. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas seguirán sen cambios significativos, mentres que as máximas subirán no interior de Galicia. 

Deste xeito, as temperaturas máximas subirán ata os 26 graos en Ourense e 25 en Lugo, mentres que os valores mínimos descenderán ata os 13 en Ferrol e Lugo. 

Comentarios