Diego de Lemos barrica 2007

Zona: DO Ribeira Sacra. Subzona: Chantada. Colleita: 2007. Uva: Mencía. Maridaxe: Medallones de tenreira en salsa de mencía e cogomelos. Graos: 12,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 14º C.

Se falamos de viticultura ecolóxica en Galicia, é de obrigatoria referencia falar de Esther Teijeiro Lemos, a inesgotable avoa ecolóxica de Pincelo. Esta emprendedora viticultora estivo ligada ao mundo do viño desde moi pequena, por iso non é de estrañar a súa paixón pola viticultura e a natureza. Desde a terraza do restaurante que tamén pertence á adega, Esther sitúanos os seus viñedos no outro marxe do río. Alí mantén un espectacular terruño de chan vivo de onde saen as uvas máis especiais.

Elegante
Cor vermella picota de bordo violáceo e capa alta. En nariz mostra unha gran complexidade, cun despregamento de aromas desde os primarios de froitas vermellas e negras maduras ao sotobosque, pasando por uns terciarios perfectamente integrados coa froita. En boca ten boa entrada. Saboroso, de densidade media, é un viño equilibrado, elegante e diferente.

Comentarios