O Parador de Ribadeo presenta as 'Xornadas Gastronómicas do Cocido'

O Parador de Ribadeo tamén se 'viste' de festa para recibir o Entroido. E para celebralo como merece, céntrase nunha das súas especialidades: a gastronomía, porque como ben describía o poeta Álvaro Cunqueiro, ''a Cociña do Entroido'' é unha cociña necesariamente agudizadora dos sentidos. Todo un reto para a imaxinación de quen se achegue nestas datas ao Parador a degustar esta 'gastrocultura'.

Para esta degustación especial, o Parador de Ribadeo seleccionou minuciosamente un menú no que se poden distinguir e paladear decenas de sabores e matices durante esta singular etapa do 'Don Carnal' galego.

O menú, que ten o alcanzable prezo de 25 euros por comensal, inclúe uns Aperitivos Fríos e Quentes para compartir en mesa (Empanada, Tostas, Embutidos, Caldo Galego, Manitas de Porco e Croquetas de Cocido), para pasar a continuación ao Prato Principal (a elixir entre: Lacón Galego con Grelos; ou Cocido do Antroido, ou Botelo de Fonsagrada con Cachelos, Verzas do país e Chourizo; ou ben Chosco de Tineo con Repolo do País).

Para rematar, poderase ecoller entre unha selección de sobremesas típicas carnavalescos coñecidos como 'Doces Do Antroido': Leite Fritida, Flor de Entroido, Filloas recheas de Compota de Mazá e Orellas do Entroido.

Comentarios