Galicia irá perdendo a influencia anticiclónica o sábado

O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral, moderado na costa

O sábado Galicia irá perdendo a influencia anticiclónica debido ao achegamento dunha fronte cálida polo Atlántico, de forma que os ceos estarán máis nubrados canto máis ao oeste, onde haberá posibilidade de choivas débiles, que se estenderán ao resto de Galicia pola noite. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos. 

O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral, moderado na costa.

Mapa do tempo. METEOGALICIA

Comentarios