O D. O. Monterrei protagonista en Madrid

Máis de 150 personalidades do mundo do viño, a gastronomía, a cultura, o xornalismo, a política e colectivos galegos arrouparon o pasado martes á Denominación de Orixe Monterrei na súa posta de longo na capital de España.

As actividades comezaron pola mañá coa cualificación da colleita por parte dun panel de expertos catadores que logo de probar 26 viños pertencentes a 17 adegas decidiron outorgar a cualificación de Mut “boa” á colleita de 2008 pertencente ao D.O. Monterrei.

Pola tarde celebrouse a presentación da Colleita nun evento presidido por Jose  Ramón Ónega Director da Casa de Galicia en Madrid no que foi o seu primeiro acto oficial logo da súa toma de posesión o día anterior e Antonio Méndez Atanes, Presidente do D.O. Monterrei,  que dirixiu a todos os asistentes unhas emotivas palabras nas que quixo agradecer a todos os adegueiros e viticultores o esforzo realizado para conseguir uns viños que cada vez adquiren máis calidade, carácter e personalidade recordando tamén o forte aposta  pola reconversión dos viñedos recuperando variedades que datan de hai séculos e hoxe adquiren novo protagonismo, posteriormente Jose Manuel Fernández, Secretario do Consello Regulador realizou unha presentación na que explicou as peculiares características desta denominación que, sendo a máis nova de Galicia é tamén a que máis altos galardóns conseguiu.

Entre os numerosos asistentes atopábanse as deputadas galegas Belen Maria Do Campo, Mª. Olga Igrexas e Ana Belen Vázquez, o ex – ministro e ex Presidente do Consello de Estado José Manuel Romay Beccaria, Jesús Flores, Director da aula española do viño, José Salmerón Martínez, Director de hostalería do grupo Codere, os empresarios Enrique Santín, Presidente do Grupo de Empresas Cliner e Gran Chanceler da Enxebre Orde da Vieira e Manuel Domínguez Limeres Presidente do grupo Combarro, María Martin Labrador Directora Xeral de explotación de Paradores, os Profesores Aniceto Charro Salgado, Presidente de ASGAEDA, Olga Moreiras e Lucio Cabrerizo, o Dr. Francisco García Fernández, Presidente de ASOMEGA, Ovidio Cadeas, Presidente da Federación de Asociacións Galegas, José Cerdeira de AEGAMA, Carlos De Blas, coordinador da Enxebre Orde dá Vieira, Maria Antonia Igrexas, Xornalista, Laura Vitoria Valencia, Presidenta de ANDE, Yolanda Martínez, Xornalista, ademais dos representantes das máis prestixiosas publicacións sobre viño e gastronomía do ámbito nacional.

Comentarios