O D.O. Monterrei modifica regulamento e amplía a súa zona de produción

A Denominación de Orixe (D.O.) Monterrei e o seu Consello Regulador modificaron o regulamento, segundo recolle hoxe nunha orde o Diario Oficial de Galicia. A reforma afecta á zona xeográfica de produción de viños, que se amplía, pasando a incluír o Municipio de Vilardevós e determinadas parroquias de Riós, ademais de completarse todo o termo municipal de Oimbra.

Así mesmo, determínase que a elaboración dos viños protexidos realizarase, en canto ás variedades preferentes, con uvas Dona Branca, godello e treixadura no caso dos brancos; e mencía e merenzao para os tintos.

No entanto, as variedades autorizadas en uvas brancas son alvariño, branca de Monterrei, caiño branca e loureira. Nas tintas inclúense arauxa (tempranillo), caiño, tinta e sousón.

Por outra banda, os viños brancos e tintos sometidos a un proceso de envellecemento en cubas de 'carballo' poderán utilizar os termos 'barrica', 'crianza', 'reserva' e 'gran reserva', segundo a lexislación vixente.

Unha novidade máis das modificacións introducidas é que o Consello Regulador constitúese como unha corporación de dereito público á cal se lle atribúe a xestión da Denominación de Orixe. Ten personalidade xurídica propia, autonomía económica e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.

Comentarios