Os prestixiosos premios Decanter distinguen 28 marcas do D. O. Rías Baixas

Os viños do D.O Rías Baixas triunfaron no Decanter World Wine Awards 2009, que outorga a influente revista británica co mesmo nome aos mellores viños de todo o mundo. No marco da London Wine, celebrada esta mesma semana, déronse a coñecer os premiados, entre os que se atopan 28 viños do D.O. Rías Baixas. Un importante recoñecemento, xa que nesta edición participaron un total de 10.285 viños de todo o mundo, o dobre que cando se iniciou a celebración deste certame hai seis anos.

1 marcas desta Denominación de Orixe recibiron a máxima distinción: a medalla de ouro; oito viños foron distinguidos coa medalla de prata e 9 coa de bronce. Ademais, 10 viños deste D.O foron premiados con 10 Commended . Entre os viños distinguidos nesta edición atópanse Rías Baixas-Albariño, Seleccións de Anada e algunha barrica.

As posibilidades de garda dos viños de Rías Baixas quedaron novamente patentes nestes premios, xa que non só recibiron galardoes viños da anada 2008 senón que tamén houbo numerosas premios para marcas da anada 2007 e tamén recibiron galardoes viños das anadas  2004, 2005 e 2006.

Presentes no Top 10
A revista británica Decanter veu ofrecendo nos seus últimos números diversos Top 10 de viños, entre os que elixiu un viño do D.O. Rías Baixas no apartado referente aos viños seleccionados polos importadores en diversas catas. A selección realizouse a partir das Specialist Importers Trade Tastings (SITT) e a elección do director de catas de Decanter, Christelle Guibert. No caso do Albariño- Rías Baixas escollido, destácase que é un viño ''tentador, con nariz aromático e notas de pexego, albaricoque e lima. En boca é refrescante e a súa textura elegante; ben estruturado e cunha chispeante acidez no seu final. Un viño moi atractivo''.

Comentarios