Martes asollado

Durante este martes persistirá a estabilidade debido a que Galicia continúa coa influencia do anticiclón centrado no leste de Europa. Con esta situación, espérase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con posibilidade de formación de nubes de evolución durante a tarde nas montañas do sueste. 

Así o recolle a predición de Meteogalicia, que avanza que os ventos soprarán de frouxos e de dirección variable. En canto ás temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro aumento, mentres que as máximas non terán cambios significativos. 

Entre as principais cidades galegas, Ourense e Pontevedra rexistrarán a máxima do día, con 27 graos, seguida de Vigo con 26, aínda que na Coruña non se superarán os 22. En canto ás mínimas, oscilarán entre os 5 graos de Lugo e os 14 de Vigo. 

Comentarios