Máis de 4.000 degustacións en dous días

Stand de Medio Rural en el Salón (Foto: Organización).
photo_camera Stand de Medio Rural en el Salón (Foto: Organización).

O Salón de Viños e Augardentes de Galicia recibiu durante a primeira xornada máis de 2.000 visitantes. Un dato que se extrae polo número de botellas que os adegueiros serviron durante o certame ás que se suman as vendidas, tanto na tenda de viños como no bar do Salón. 

Ademais, ao longo da fin de semana, a organización calcula que foron máis de 4.000 persoas, entre profesionais e visitantes, as que se achegaron a Palexco para degustar os viños das cinco Denominacións de Orixe de Galicia que se dan cita nesta cuarta edición. 

Durante a xornada de onte celebráronse diferentes catas de iniciación, completándose o aforo ao pouco tempo de abrirse o prazo de inscrición. A degustación de tenreira biolóxica e doutros produtos elaborados polos alumnos da Escola da Asociación de Hostalería da Provincia da Coruña tivo tamén un rotundo éxito pola gran afluencia de persoas que se deron cita na caseta da devandita asociación. 

Día de Monterrei
A Denominación de Orixe (D.O.) Monterrei será hoxe, luns día 4 de agosto, a protagonista do IV Salón dos Viños e Augardentes de Galicia, que se celebra no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco). 

A xornada contará, entre outras actividades, coa presentación, ás oito da tarde, da III Feira do Viño da D.O. Monterrei, que se celebrará o 9 e o 10 de agosto na Praza Maior de Verín. 

Tamén incluirá unha cata dirixida por José Manuel Fernández, secretario do Consello Regulador. Posteriormente, terá lugar o acto de entrega do Premio da Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia da Coruña ao restaurante con mellor carta de viños da denominación ourensá.

Comentarios