Ourense porá en marcha un 'Restaurante Temático da Pataca'

(Foto de archivo)
photo_camera (Foto de archivo)

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) porá en marcha un 'Restaurante Temático da Pataca' para promocionar o tubérculo no Salón Galego das Festas Gastronómicas, 'Xantar', que se celebrará en Expourense do 4 ao 8 de febreiro.

Baixo o título 'De Orixe Galego', ofrecerase un menú degustación a un prezo de 12 euros a base de pataca e produtos amparados pola Indicación Xeográfica Protexida.

O 'Restaurante Temático da Pataca' foi presentado este luns na sala de Xuntas da Deputación de Ourense polo presidente da institución provincial, José Luís Baltar e o presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, entre outros.

Vantaxes do menú

José Luís Baltar resaltou que ''en tempo de crise'' se poña a disposición dos cidadáns un menú a 12 euros ''con todos os artigos de calidade'' amparados pola Indicación Xeográfica Protexida.

''Estamos a falar de ingredientes nese menú que son altamente recoñecidos e altamente apreciados por todas as persoas'' sinalou Baltar, quen engadiu que é importante nestes tempos de difícil situación económica ''que diminúa o prezo pero non a calidade''.

Baltar manifestou que se dá ''un paso adiante'' con este menú degustación a base de pataca no Ano Internacional da Pataca e co resto de produtos de calidade.

Protagonismo da pataca

O presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, manifestou que se debe converter a humilde pataca en protagonista'' e así ''crear gastronomía e un produto turístico ao redor da pataca''.

Para Freire Couto, a gastronomía ''é un dos mellores soportes da promoción da pataca'' e ''pode ser un referente'' para a provincia de Ourense.

Comentarios