Paco & Lola, 1er premio ao branco galego

Mañá, xoves 13 de agosto de 2009 ás 11:30 horas, a Adega e Viñedos Rosalía de Castro recollerá o Primeiro Premio de ''VIÑOS BRANCOS GALEGOS'' polo seu Albariño Paco & Lola 2007 (D.O. Rías Baixas). Este premio foi outorgado pola Asociación de Euskadi de Catadoras durante a XI Cata-Concurso de ''Viños brancos galegos'' celebrada en Bilbao o pasado 14 de xuño con motivo da XIII Feira de Galicia en Bilbao.

O acto terá lugar no Palacio Mugartegui de Pontevedra (Consello Regulador Rías Baixas) e contará coa presenza e intervención do Presidente do Consello Regulador, D. José Ramón Meiriño González, o Presidente de Casa de Galicia en Bilbao, D. José Antonio Branco Branco e Vicepresidente primeiro D. José David Fidalgo Hidalgo.

Tras o acto de entrega, D. José M. Fontán Monteiro, Director Comercial da adega, atenderá aos medios de comunicación que desexen ampliar información.

Comentarios