Premian a un restaurante do Grove por potenciar a cociña típica de Galicia

O xurado dos premios de Gastronomía de Galicia comunicou o fallo polo que un restaurante do Grove, 'D'Berto', e outro de Madrid, 'O Torreón', obterán os galardóns que recoñecen o traballo de apoio e difusión da cociña galega a nivel autonómico e estatal.

Na categoría de 'Labor de toda unha vida', que recoñece a traxectoria vital á fronte dos fogóns, resultaron gañadores 'Mundial' de Fene (A Coruña), 'Río Lor' en Quiroga (Lugo), o restaurante fonda 'Chelo' de Viana do Bolo (Ourense) e o pontevedrés 'Agarimo', establecido en Donramiro.

Doutra banda, a firma Conservas Porto-Muíños de Santa María de Vigo-Cambre alcanzou o premio 'Empresa que máis se destinguió na potenciación dos valores da Cociña Galega' e ademais recoñeceuse o traballo da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Os galardóns serán entregados o próximo día 5 de febreiro no transcurso da Gala de Gastronomía de Galicia que terá lugar en pavillón municipal de deportes de Lalín e que será retransmitida pola TVG.

Comentarios