Sabatelius Carballo

Zona: DO Ribeira Sacra, subzona de Chantada. Colleita: 2008. Uva: Mencía. Maridaxe: Solombos de boi á crema de fungos. Grao: 13% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 14-16ºC.

Despedimos o ano desde Sabadelle, en Adegas e Viñedos Lareu, unha pequena adega que, polo seu tamaño, é exemplo perfecto da verdadeira esencia de Ribeira Sacra. Aí acóllennos para a última visita que realizamos este ano. A verdadeira sorpresa deste encontro espéranos, riseiro, á sombra dos centenarios castaños que custodian a adega.

Primitivo Lareu é un mozo emprendedor namorado da comarca e os costumes que lle rodean. Seguramente foi por esta razón, e polo compromiso de manter unha paisaxe herdada, polo que decidiu quedar na súa Sabadelle natal. Así, Primitivo faise cargo dos viñedos familiares e rehabilita unha adega de garda do século XVIII.

Cereixa

Sabatelius Carballo presenta unha capa dunha viva cor cereixa con escintileos violáceos. Con nariz profundo e intenso, aprécianse matices propios da  variedade, arándanos, regaliz e recordos minerais e tostados, que lle outorgan unha complexidade interesante. O seu paso por boca está perfectamente estruturado, destacando unha entrada moi delicada, manténdose vivo e equilibrado e deixando unha cálida permanencia.

Comentarios