Sol e temperaturas en ascenso

O sábado Galicia quedará baixo a influencia do anticiclón das Azores, con ventos do nordeste, de modo que se espera unha xornada de ceos pouco cubertos ou despexados en toda a comunidade e con temperaturas en ascenso. 

Así o recolle a predición de Meteogalicia, que prevé que este sábado as temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas subirán de forma moderada. 

Deste xeito, entre as principais cidades galegas, as máximas rexistraranse en Pontevedra, que alcanzará os 34 graos, seguida de Ourense con 33 e de Vigo con 32. En canto ás mínimas, situaranse nos 10 graos en Lugo, aínda que no resto de cidades oscilarán entre os 14 de Santiago e os 18 de Vigo. 

O vento soprará do nordeste, frouxo na metade sur e moderado no resto, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra. 

Comentarios