Un total de 31 adegas amparadas polo D. O. Rías baixas participan en Fenavin

O Consello Regulador da DO Rías Baixas participa na Feira Nacional do Viño, Fenavin, que se celebra desde hoxe ao 7 de maio no pavillón feiral de Cidade Real. O CRDO acode un ano máis dentro da caseta institucional da Xunta de Galicia, no que tamén asisten 19 adegas amparadas por Rías Baixas. Unha participación á que hai que sumar a doutras 12 adegas que estarán presentes en Fevino con expositor propio, a través dos seus distribuidores…

Na pasada edición de Fenavin, celebrada no ano 2007, estiveron presentes un total 978 adegas procedentes de todo o territorio nacional. Un evento no que 2.807 compradores fixeron negocio no pavillón feiral de Cidade Real, 1.157 dos cales procedían de ata 29 países de todo o mundo.

Comentarios