lunes. 27.09.2021 |
El tiempo
lunes. 27.09.2021
El tiempo

Cuestionable deslexitimación

ESTAMOS acostumados aquí a que se desacredite un gañador. Os perdedores trataron de deslexitimar o triunfo de Zapatero, e tamén o de Sánchez na moción de censura, como se non fosen legais e estiveran usurpando o poder que lles correspondía a outros. Hai sectores que aínda seguen con esa teima na actualidade tras as eleccións do pasado ano. Iso nunca ocorreu en Estados Unidos, se ben ás veces había sombras de dúbida, como cando Bush se impuxo na daquela decisiva Florida, onde era gobernador seu irmán. Pero unha vez que a resolución é firme, queda autentificada e sen contestación. Polo menos ata agora, pois dá o senso de que se ao final Trump ten que abandonar a Casa Branca farao enmerdando o sistema e cuestionando a legalidade da elección do seu rival. De feito xa ameazara con iso antes, ao sospeitar que podía perder vendo a tendencia dunha participación histórica. Cuestionar o gañador é terrible para un país, alí tamén.

Cuestionable deslexitimación
Comentarios