Vídeos

O reencontro dunha elefanta co seu coidador 30 anos despois

Peter Adams non dudou en coller un avión e aparecer en Neunkirchen (Alemania) para reencontrarse con Kirsty, unha elefanta que coidara 30 anos antes cando traballaba no zoo de Glasgow, en Escocia. 

Adams investigou o paradoiro do animal e presentouse no zoo onde agora vive Kirsty. O coidador temía que a elefanta non o recoñecera pero non foi así. O animal, que ten 52 anos, abrazouno coa súa trompa e deixouse acariñar.

Comentarios