Chivite ponse "a disposición de Navarra" e asume a convivencia como "un reto"

No atrio do Parlamento, prometeu "respectar, manter e mellorar" o Réxime foral
María Chivite. JESÚS DIGES (EFE)
photo_camera María Chivite. JESÚS DIGES (EFE)

A socialista María Chivite tomou este martes posesión como presidenta de Navarra, nun acto institucional no que se puxo "a disposición" de Navarra, comprometeu o seu "respecto" a unha comunidade "plural" e apuntou como "reto" a convivencia.

No atrio do Parlamento foral, ante as principais autoridades e representantes de institucións, e de estamentos cívicos, sociais, económicos, educativos e culturais da sociedade navarra, Chivite (Cintruénigo, 1978) prometeu "respectar, manter e mellorar" o Réxime foral, "acatar a Constitución e as leis" e cumprir as obrigacións do cargo.

O presidente do Parlamento de Navarra, Unai Hualde, abriu un acto ao que ademais asistiron os ministros de Agricultura, Luis Planas, e de Fomento, José Luis Ábalos, entre outros moitos invitados, como o lehendakari Íñigo Urkullu.

Comentarios