domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Os farmacéuticos alertan do desabastecemento de Dalsy e Nolotil

Dalsy.EP
Dalsy.EP

As empresas que fornecen os fármacos teñen dificultades para facer chegar o xénero ás boticas rurais

A Federación Empresarial de Farmacéuticos Españois (FEFE) denunciou o desabastecemento que, na súa opinión, está a producirse en moitas farmacias de España, especialmente pequenas e rurais, dalgúns medicamentos básicos, "que afectan moi directamente á saúde de miles de pacientes".

O desabastecemento, segundo sinalan nun comunicado, parte das empresas farmacéuticas que fornecen ás cooperativas, que non poden facer chegar o produto ás boticas.

"Este problema é especialmente perentorio nas farmacias con menor facturación e rurais", advertiu o vicepresidente da federación, Carlos Gallinal.

"Pedimos con toda urxencia que as empresas fabricantes farmacéuticas solucionen este grave problema, que afecta a miles de persoas. As cooperativas son as que garanten o abastecemento no sector e, nesta ocasión, son as primeiras que sofren a falta de determinados produtos que non poden facer chegar ao farmacéutico", asegurou.

Segundo Gallinal, "non se pode permitir a venda directa de ningún medicamento sen que estea garantido o abastecemento en todas as farmacias, con independencia do seu tamaño e localización, o que só se consegue garantindo antes o abastecemento ás cooperativas, alicerce fundamental no noso modelo".

Así, apuntou que a colocación selectiva de medicamentos de forma directa ás farmacias, se non se abastece ao almacenista antes, é "ir en contra do paciente español".

Dalsy e Nolotil, dous das grandes ausencias

Segundo infroma a TVG, este desabastecemento afecta xa a miles de persoas en toda España e afecta a medicamentos moi socorridos no día a día, como son o Dalsy ou o Nolotil. Estas son marcas comerciais e están dispoñibles a súa versión xenérica, pero os boticarios din que unha gran parte da clientela é fiel a estes fármacos e son reticentes a adquirir outras versións dos mesmos.

Estiman que, no caso do Nolotil, hai unhas 1.700 farmacias que se quedaron sen el.

Os farmacéuticos alertan do desabastecemento de Dalsy e Nolotil
Comentarios