
Substituirá ao galego José Manuel Romay Beccaría
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, propuxo que a exvicepresidenta socialista María Teresa Fernández de la Vega presida o Consello de Estado, segundo informou este martes o Executivo. Substituirá ao galego José Manuel Romay Beccaría.
Fernández de la Vega pasou a formar parte deste órgano consultivo, no que actualmente é conselleira, cando abandonou a vicepresidencia do Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero e a súa acta de deputada por Valencia en outubro do ano 2010.
Nacida en Valencia en 1949, é licenciada en Dereito pola Universidade Complutense e titulada en Dereito Comunitario pola Universidade de Estrasburgo.
En 1974 ingresou no Corpo de Secretarios Xurídicos Laborais e desde 1990 é maxistrada pola cuarta quenda. Entre outros cargos desempeñou os seguintes: deputada, secretaria de Estado de Xustiza, vicepresidenta primeira do Goberno, ministra da presidencia e portavoz do Goberno.