Recuperan parte dun lote de Satisfyer roubado nunha localidade valenciana

Unha muller foi detida pola súa presunta implicación no roubo
Cajas de Satisfyer recuperadas. GUARDIA CIVIL
Cajas de Satisfyer recuperadas. GUARDIA CIVIL

A Garda Civil logrou recuperar parte dun lote de caixas dos famosos succionadores de clítoris Satisfyer que foran roubados nunha empresa da localidade valenciana de Callosa de Segura.

Segundo adianta o dixital diarioinformación.com, unha muller foi detida pola súa presunta implicación no roubo.

Os axentes recuperaron a metade dos 40 xoguetes sexuais roubados –do modelo Pro-2–, aínda que algúns deles xa foran usados.
 

Comentarios