
Tráfico sinala que non se pode saber a velocidade exacta á que viaxaban, pero si que era superior a esa cifra
O futbolista José Antonio Reyes, falecido o sábado nun accidente de tráfico no que tamén morreu o seu curmán, circulaba a máis de 220 quilómetros por hora, segundo puido confirmar a Garda Civil de Tráfico.
Así o indicaron a Efe fontes do instituto armado, que sinalaron que non se pode saber a velocidade exacta á que viaxaban, pero si que era superior a 220 km/hora nun tramo que está limitado a 120.
O sinistro tivo lugar sobre as 11:40 horas do pasado sábado no quilómetro 18 da A-376, en dirección a Utrera, no termo municipal de Alcalá de Guadaíra (Sevilla).