Detido por manter relacións sexuais con dúas eguas en Mallorca

Os propietarios colocaron cámaras de seguridade na leira que gravaron as prácticas de zoofilia

Imaxe de arquivo dunha egua.
Imaxe de arquivo dunha egua.

O Seprona da Garda Civl arrestou a un home por manter presuntamente relacións sexuais cunha egua e unha poldra en Alcúdia, Mallorca, así o recolle o Diario de Mallorca.

Os propietarios dos animais detectáranlles varias lesións e, ante a sospeita de que alguén os estaba maltratando, decidiron colocar varias cámaras de seguridade. Estas gravaron como o home accedía á leira de noite para levar a cabo prácticas de zoofilia.

Os feitos foron postos en coñecemento do Seprona que identificou o home e procedeu á súa detención. Posteriormente deixárono en liberdade e será citado a declarar no xulgado de instrución número 2 de Inca.