Manuel Valls baralla presentarse á Alcaldía de Barcelona por C's

"Voumo pensar", declarou o primeiro ministro francés

Manuel Valls. AEP
photo_camera Manuel Valls. AEP

O exprimeiro ministro francés Manuel Valls admitiu este venres que baralla presentarse á Alcaldía de Barcelona por Ciudadanos nas eleccións municipais do próximo ano.

"Voumo pensar", respondeu Valls ao ser preguntado nos Desayunos de TVE por se será candidato ao Concello de Barcelona polo partido de Albert Rivera.

Valls, que naceu na capital catalá, prodigou nos últimos días as súas declaracións sobre o conflito en Cataluña, que, ao seu xuízo, debe atopar unha solución política porque separatista "non é posible". 

Comentarios