
O lÃder de Vox, Santiago Abascal, reaccionou este venres, despois de que na pasada xornada o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, descartase nunha entrevista televisiva pactar coa súa formación tras as eleccións autonómicas do próximo 5 de abril.
No seu perfil de Twitter, Abascal alude á afirmación de Feijóo de que "Vox é un partido que está contra Galicia" e compárao co catalán Jordi Pujol.
"Feijóo, que afirma que Galicia é unha nación sen Estado, usa a vella táctica do separatismo catalán que convertÃa as crÃticas a Pujol en ataques a Cataluña. Naceu Jordi Feijoó", esgrime Abascal.
Trasladouno un dÃa despois de que Feijóo, nunha entrevista en TVE, garantise que non pactará con Vox, con dous argumentos: non cre que ese pacto fose "bo" para os galegos e, "sobre todo", non considera que "vaian ter representación parlamentaria".
"Non teño ningún interese nin compromiso de pactar con Vox e non o farei", sentenciou o mandatario galego.