sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

Alega que ía por unha bombona e atópanlle heroína e 1.100 euros en efectivo

Policía Local de Vigo. DP
Policía Local de Vigo. DP
O condutor, que ademais circulaba sen carné de conducir, foi sorprendido nun control da Policía Local de Vigo
A Policía Local de Vigo detivo un home de 53 anos ao que sorprendeu con case dous gramos de heroína no coche tras interceptalo nun dispositivo estático de control de vehículos no ámbito da vixilancia do Real Decreto que regula o estado de alarma instalado na estrada de Camposancos.

Preguntado polo motivo do seu desprazamento, o home, que tiña suspendida a vixencia do seu carné de conducir, respondeu que fora a buscar unha bombona de butano, polo que os axentes invitárono a que o acreditase.

Cando se apeou do vehículo comezou a mostrase moi nervioso e os axentes puideron observar que dun dos seus petos traseiros asomaba un feixe de billetes.

Tras abrir o maleteiro os axentes comprobaron que non levaba ningunha bombona antes de rexistrar o vehículo, en cuxo interior localizaron catro envoltorios de plástico cunha sustancia, “probablemente heroína”, cun peso de 1,8 gramos.

Tamén levaba 1.162 euros en billetes de 100, 20 e 10, todo o cal foi requisado antes de deter ao condutor como presunto autor dun delito contra a saúde pública. 

Alega que ía por unha bombona e atópanlle heroína e 1.100 euros en...
Comentarios