sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

A alerta vermella chega a 51 municipios ao sumarse Gondomar, Xinzo, Ordes e Boqueixón 

A alerta vermella por covid chega xa a 51 municipios galegos, un máis que na xornada do domingo, de acordo co mapa 'semáforo' que cada día actualiza a Consellería de Sanidade. Maioritariamente están situados nas provincias de Pontevedra (24) e A Coruña (16), seguidos de Ourense (6) e Lugo(5). 

A actualización deste luns inclúe a incorporación en alerta vermella do municipio pontevedrés de Gondomar e os coruñeses de Ordes e Boqueixón, mentres que na de Ourense incorpórase a este nivel Xinzo de Limia. Na provincia da Coruña caen ao nivel dous os concellos de Muros e de Cerceda e na de Pontevedra a de Silleda. 

No que se refire a esta provincia atópanse en nivel vermello os concellos de Baiona, Cambados, Cangas, A Cañiza, A Estrada, Gondomar, O Grove, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Pontevedra, O Porriño, Poio, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vilagarcía de Arousa e A Guarda. 

Na da Coruña, están nesta situación os de Ames, Arteixo, Boqueixón, Cambre, Carballo, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Narón, Oleiros, Ordes, Pontedeume, Santiago, Teo e Vimianzo. Na provincia lucense, mantense nas de O Cervo, A Fonsagrada, Lugo, Monforte de Lemos e Viveiro, mentres que en Ourense incorpórase Xinzo de Limia, ademais de seguir en nivel vermello Barbadás, O Carballiño, Ourense, Ribadavia e Verín. 

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol –máis de 76 casos nunha semana–, Pontevedra –máis de 96–, Santiago –máis de 112–, Lugo –máis de 112–, Ourense –máis de 120–, A Coruña –máis de 276– e Vigo –máis de 332–.

ALERTA LARANXA. Mentres, en situación dúas –na cor laranxa do mapa– sitúanse 20 municipios, o mesmo número que na xornada do domingo. No caso da Coruña, baixa a este nivel Cerceda, que figura xunto aos municipios de Ares, Arzúa, Malpica, Muros –tamén pasa do nivel tres ao dous-–, Porto do Son, Sada, Valdoviño e Oza-Cesuras. 

Na de Pontevedra, atópanse Caldas de Reis, Cuntis, Fornelos de Montes, Lalín, Silleda –que pasa da alerta vermella á laranxa, Vilaboa e Cercedo-Cotobade. En Ourense, sitúase en nivel dous San Cibrao das Viñas, mentres que en Lugo atópanse nesta situación Bóveda, Cospeito e Burela. 

A alerta vermella chega a 51 municipios ao sumarse Gondomar, Xinzo,...
Comentarios