martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Os alumnos galegos terán que aprobar todo para titularse en Bacharelato

11,00 h.-    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitará o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI, rúa Lamas de Abade, s/n).  

foto xoán crespo
17/11/2020
Román Rodríguez, este martes no Centro Autonómico de Formación e Innovación. XUNTA
Galicia publica as súas "normas propias" tras o decreto do aprobado xeral impulsado polo ministerio ante a pandemia. En Secundaria poderase obter o título con dous suspensos en casos "moi excepcionais"

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presentou este martes as "normas propias" de Galicia de desenvolvemento do coñecido como decreto de aprobado xeral coas que se busca "non rebaixar o nivel". 

Deste xeito, coa resolución publicada este martes pola Xunta vólvese aos criterios que xa rexían en Galicia antes da pandemia, de forma que para titularse en Bacharelato haberá que aprobar todo

Sucede o mesmo de forma xeral na Eso, "salvo casos moi excepcionais" polos que se poderá obter o título con dúas materias suspensas se hai acordo do equipo docente —sempre que non sexan conxuntamente lingua e matemáticas—. 

En declaracións aos medios en Santiago, o conselleiro cargou contra este decreto impulsado de forma "unilateral" polo Goberno central, xa que "rompe a igualdade de oportunidade" e "desprestixia en gran medida o traballo de docentes e familias". 

Mentres no decreto establécese que "un alumno poida titularse en Eso e en Bacharelato con independencia das materias suspensas", a Xunta fixa que, con carácter xeral, para promocionar e poder ter a titulación de Secundaria e Bacharelato hai que "ter as materias todas aprobadas", de forma que se busca "corrixir os efectos perversos" do texto. Nesa liña, advirte de que a "desincentivación do estudo" é "moi prexudicial para un sistema educativo como o galego", que se sitúa "en postos de referencia".

A Xunta formulou unha queixa formal ante o Ministerio de Educación por este decreto que considera "antiequitativo" por restar a "motivación" do alumnado.

XA NON TEN SENTIDO. Aínda que Román Rodríguez aprecia que no último trimestre do curso pasado esta norma "podía ter sentido" por unha "situación de excepcionalidade" derivada do confinamento, agora "non pode valer para un momento como o actual" no que se aposta por un sistema presencial. 

De tal forma, asegura que en Galicia manteranse os criterios de avaliación e promoción de curso para "preservar a calidade e equidade". Ademais, haberá unha "recuperación progresiva" dos contidos didácticos que "quedaron frouxos" no último trimestre do curso pasado. 

Os alumnos galegos terán que aprobar todo para titularse en...
Comentarios