Amancio Ortega aloxa o seu novo iate en Sanxenxo

É o segundo barco de recreo que o fundador de Inditex adquire en menos dun ano

O novo iate de Amancio Ortega, en Sanxenxo. RAFA FARIÑA
photo_camera O novo iate de Amancio Ortega, en Sanxenxo. RAFA FARIÑA

Amancio Ortega concedeuse un novo capricho náutico. Trátase dun iate de 47 metros de eslora que se atopa amarrado desde hai uns días no porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo, segundo informa Nauta 360.

É o segundo barco de recreo que o fundador de Inditex estrea en menos dun ano. O verán pasado, o magnate adquiriu o Drizzle –67 metros– no estaleiro holandés Feadship, a mesma empresa que lle vendeu agora o seu novo iate de luxo.

As menores dimensións da nova embarcación parecen indicar que o iate navegará polas rías galegas, a diferenza do Drizzle, que o facía polo Mediterráneo.

O novo megaiate substituirá ao Valoria, que Ortega comprou en 2004 e vendeu en marzo de 2017. Con esa embarcación, que tamén se aloxou en Sanxenxo, o empresario viaxou por todo o mundo coa súa familia.

Comentarios