domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Avendaño: "Complicóuselle a vida cando empezou co fillastro de Oubiña"

La presidenta y fundadora de Érguete, asociación pionera en la lucha contra la droga, Carmen Avendaño.CABALAR (EFE)
La presidenta y fundadora de Érguete, asociación pionera en la lucha contra la droga, Carmen Avendaño.CABALAR (EFE)

A presidenta de Érguete recorda que Tania Varela fixo un traballo "moi bonito" co CIM de Cambados antes de relacionarse cos clans do narcotráfico

A presidenta da asociación Érguete, Carmen Avendaño, coñecida pola súa loita contra o narcotráfico en Galicia, valorou a detención da narcoabogada Tania Varela, a única muller que figuraba ata agora na lista de 70 persoas máis buscadas de Europol.

Avendaño recordou a etapa de Varela á fronte do Centro de Información á Muller de Cambados, onde "fixo un traballo moi bonito". "Eu cando a coñecín é cando empezou a relacionarse co fillo de Esther Lago, e xa aí foise complicando a vida", rememorou, en referencia a David Pérez Lago., fillastro de Laureano Oubiña. 

Neste sentido, puxo a súa traxectoria como exemplo "de como moitas veces o diñeiro interrompe capacidades das persoas", ao lamentar que despois se meteu en organizacións e, ademais, moi perigosas", en referencia á súa vinculación con dous clans galegos de narcotraficantes, os de Laureano Oubiña e Sito Miñanco. 

Ademais, a presidenta de Érguete indicou que despois de que matasen de dous balazos na cabeza á parella de Tania Varela, o avogado Alfonso Díaz Moñux, "ela escapou" e non volveu saber dela. "Supoño que estaría por aí por países suramericanos e agora leveime a gran sorpresa de que a detiveron", comentou.

VIDA CLANDESTINA. "Naquel momento dixen que supuña que tería contactos a nivel internacional e agora lévome a gran sorpresa porque, segundo dicides vós nos medios, pois forma parte dunha organización importante", engadiu. 

Varela levaba máis dun ano vivindo de forma clandestina na localidade barcelonesa de Sitges, onde foi detida polos Mossos d'Esquadra cando paseaba xunto á súa filla menor de idade, que quedou a cargo dunha persoa de confianza. "Non sei nin de quen é a filla", apuntou.

Avendaño: "Complicóuselle a vida cando empezou co fillastro de Oubiña"
Comentarios