Buscan un home de 56 anos desaparecido en Vigo que necesita medicación 

Foi visto por última vez o mércores 

Ramón Landin, desaparecido en Vigo. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Ramón Landin, desaparecido en Vigo. SOS DESAPARECIDOS

As forzas policiais buscan un vigués de 56 anos de idade, Ramón L.S., que necesita medicación, e cuxa familia denunciou a súa desaparición na tarde deste mércores. 

A pista de Ramón L.S. perdeuse no mañá do mércores e, horas despois, interpúxose denuncia pola súa desaparición. A súa familia confirmou que o home necesita medicación, aínda que non é agresivo, e adoita moverse pola zona de Teis. 

No momento da súa desaparición, o home vestía pantalón vaqueiro azul escuro e camisa de cadros.

Este vigués mide 1,73 metros, pesa uns 65 quilos e padece calvicie. 

Comentarios