Os casos de covid en Galicia soben a 4.361 e rexístranse outros dous falecementos

Un total de 676 persoas morreron por coronavirus na comunidade desde o inicio da pandemia
Pruebas para detectar el coronavirus en el Hospital Provincial. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Probas para detectar o coronavirus nun hospital galego. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Os casos activos de infección por coronavirus subiron en tres en Galicia, ata os 4.361, con respecto á xornada do xoves, segundo o balance facilitado este venres pola Consellería de Sanidade.

Os falecementos son neste momento 676 e as últimas mortes son as dunha muller de 80 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo) e un home de 76 que se atopaba no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Os dous presentaban patoloxías previas.

Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.134 nos seus domicilios. 

En Galicia hai un total de 14.670 persoas curadas.

Entre os infectados figuran 263 usuarios de residencias de maiores e 85 profesionais deses centros, precisa a Xunta.

Do total de infectados, 1.403 corresponden á área da Coruña (catro casos menos), 855 a Lugo (39 menos), 689 a Santiago de Compostela (31 máis), 463 a Ourense (dez menos), 402 a Pontevedra (once menos), 364 a Vigo (16 máis) e 174 a Ferrol (dous menos).

A Consellería de Sanidade asegura que desde o inicio da epidemia levou a cabo 384.735 probas PCR para detectar a infección do virus.

Comentarios