A catedrática da UDC Nieves Rodríguez, Premio Nacional de Informática

O xurado valora os seus traballos de investigación e innovación na xestión de datos

Neves Rodríguez Brisaboa. DPA catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade da Coruña (UDC), Nieves Rodríguez Brisaboa, foi galardoada co Premio Nacional de Informática. 

O xurado dos Premios de Investigación Científica Informática de España e a Fundación BBVA outorgáronlle este galardón "polos seus traballos de investigación e innovación na xestión de datos", informa a UDC. 

Tamén o fixeron polas súas iniciativas nos campos da transferencia de coñecemento en relación coas empresas e institucións públicas, así como a creación de empresas de base tecnolóxica. 

Nieves Rodríguez, membro do departamento de computación da Facultade de Informática da UDC, é coordinadora do grupo de investigación Laboratorio de Bases de Datos. 

Entre outros resultados deste grupo, destaca a implementación dun prototipo de ferramenta para comercio electrónico, así como outros resultados no marco das bibliotecas dixitais e dos sistemas de información xeográfica.

Comentarios