miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

O cribado entre os xornaleiros da vendima identifica sete positivos en Galicia

Imaxe do acto. XUNTA DE GALICIA
Imaxe do acto. XUNTA DE GALICIA
Técnicos da Xunta controlarán un ano máis a trazabilidade nas cinco denominacións de orixe

O programa de cribado preventivo posto en marcha para os xornaleiros que nas próximas semanas participarán na vendima galega ha detectado sete casos positivos de Covid-19 de entre as 1.504 realizadas. 

Así o explicou este xoves o conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, durante a presentación do plan d control da vendima 2020, que este ano se desenvolverá entre medidas especiais de protección para evitar os contagios por Covid-19. 

Entre estas medidas, indicou o conselleiro, está a realización dun cribado preventivo a preto de 2.400 temporeros inscritos. Das 1.504 realizadas ata a data, confirmou, sete resultaron positivas en coronavirus. 

O presidente do Consello Regulador de Rías Baixas, tamén presente no acto, comentou que nesta Denominación de Orixe xa se está vendimiando nunhas 20 adegas, aínda que a maioría empezarán este luns, así como que se espera unha "boa colleita en cantidade e calidade". Idéntica previsión, segundo engadiu o conselleiro, para o resto de Denominacións. 

"En xeral os temores iniciais que tiñamos de que isto puidese ser un desastre completo pois afortunadamente non se viron confirmados"

Juan Gil de Araújo comentou que o efecto no mercado da crise da Covid non afectou en vendas aos viños de Rías Baixas, segundo os datos que manexa este Consello Regulador, "terminamos a campaña cunha redución do 12,5%" tendo en conta que en 2019-2020 a cantidade cultivada foi menor. "O dano realmente desde o punto de vista da cualificación non é moi importante", valorou. 

"En xeral os temores iniciais que tiñamos de que isto puidese ser un desastre completo pois afortunadamente non se viron confirmados e esperemos que sigamos así", dixo o presidente do Consello Regulador do D.O. Rías Baixas.

PLAN DE CONTROL. José González e Juan Gil de Araújo presentaron este xoves en Pontevedra o Plan de control da vendima 2020 nas cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia, no que, por segundo ano consecutivo, 15 técnicos da Xunta supervisarán a uva que entra nas adegas e a que leira pertence, un labor que "non suple senón que complementa e apoia os plans de control que teñen todas as Denominacións de Orixe", precisou José González. 

Así, os veedores de cada D.O. exercen un labor de auditoría rutineira, mentres que os técnicos da Xunta ocúpanse dunha inspección para vixiar o cumprimento estrito da normativa con capacidade de sanción ou penalización. 

José González destacou as "moitas alegrías" que dá este sector, que en Galicia ten unha facturación anual de máis de 200 millóns de euros

O conselleiro de Medio Rural anunciou un investimento de 180.000 euros para verificar a entrada de uvas nas instalacións, e comprobar se corresponden aos titulares e ás leiras, ademais de ver as limitacións de rendemento correspondentes e así "garantir a calidade extraordinaria que teñen os viños" galegos, sinalou o conselleiro. 

José González destacou as "moitas alegrías" que dá este sector, que en Galicia ten unha facturación anual de máis de 200 millóns de euros, que agrupa a máis de 13.000 viticultores e a 480 adegas e, ademais, "fai territorio nas comarcas nas que se sitúa", indicou. 

O plan de control vai en paralelo á estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas que a Xunta no que participan tres consellerías: Medio Rural, Economía e Turismo xunto coas Denominacións de Orixe. 

O cribado entre os xornaleiros da vendima identifica sete positivos...
Comentarios