sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

A Deputación de Pontevedra pide anular a conferencia do "homófobo" Sánchez Dragó na Arribada

El escritor Fernando Sánchez Dragó. ARCHIVO
El escritor Fernando Sánchez Dragó. ARCHIVO

Esixen ao alcalde do PP que retire do cartel "a un home que se vangloria publicamente de encontros sexuais con nenas de 13 anos"

A Deputación de Pontevedra esixiu ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal (PP), que retire a Fernando Sánchez Dragó do cartel do ciclo de conferencias da Festa da Arribada. 

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, pediu a Rodal que "desista da impresentable elección do homófobo Fernando Sánchez Dragó como cabeza de cartel do ciclo da Festa da Arribada". 

"É un home que se vangloria publicamente de encontros sexuais con nenas de 13 anos, machista, xenófobo e homófobo"

Abelairas manifestou que é "incomprensible e bochornoso" que Rodal permita que "un individuo que alardea publicamente de encontros sexuais con menores de idade, que insulta ás mulleres e que nega a violencia machista sexa conferenciante da Arribada, ensuciando unha festa tan importante para a provincia". 

Así, a deputada reclamou ao alcalde "que reflexione e que cambie a súa decisión para non avergoñar aos veciños de Baiona que non merecen isto". Abelairas recordou as "obscenas declaracións do escritor para un movemento tan importante como o feminismo, a súa defensa da prostitución, as súas palabras de respaldo do golpe de estado do réxime franquista e os seus insultos á democracia". 

Para rematar, Isaura Abelairas apuntou que "o alcalde está a tempo de rectificar e mostrar que non se sitúa nas terribles trincheiras dos que apelan a nostalxia do peor dos séculos pasados".

Críticas do grupo socialista
A agrupación socialista de Baiona tamén censurou a elección de Sánchez Dragó e manifestou, a través dun comunicado, o seu "máis absoluto rexeitamento á participación" do escritor e esixiu a Rodal que "dea marcha atrás e retire o nome do polémico escritor de forma inmediata". 

O portavoz socialista, Carlos Gómez, afirmou que "é absolutamente incrible que o alcalde escolla como cabeza de cartel do ciclo a un individuo da catadura moral de Sánchez Dragó". 

Os socialistas sinalaron que é un home que "se vangloria publicamente de encontros sexuais con nenas de 13 anos, machista, xenófobo e homófobo". Gómez asegurou que é "inconcibible que se poida dar cabida en Baiona a persoas deste calado". 

Ademais, o portavoz comentou que "a literatura non está por encima da consideración moral das persoas, e non se pode dar cabida a unha persoa que nas súas palabras ofende, denigra e pisa continuamente os dereitos e liberdades de calquera colectivo que conforma a sociedade". 

Para rematar, Carlos Gómez, que lamentou que o alcalde non consultase a decisión, afirmou que "parece que a Rodal traizóalle o subconsciente e aínda pensa en Baiona en branco e negro". 

A Deputación de Pontevedra pide anular a conferencia do "homófobo"...
Comentarios