A detida por gardar a cabeza do seu marido tiña antecedentes en Vigo

Cometería unha estafa no ano 2013 na cidade olívica
Agentes de la Guardia Civil investigando la casa de la mujer. EFE
Axentes da Garda Civil investigando a casa da muller. EFE

A muller detida pola súa posible relación co cranio atopado dentro dunha caixa en Castro Urdiales (Cantabria), que se investiga se pode ser o da parella desta persoa, pasou a disposición xudicial este martes, segundo informan a Efe fontes da investigación. 

A muller, de 61 anos e nacida en Utrera (Sevilla), ten antecedentes por dúas estafas cometidas nos últimos anos. Unha delas en Vigo en 2013, e a outra, máis recente, de 2017.

Ademais, segundo informou Antena 3, a detida cocería o cranio da súa parella haberíao envolto en papel coa intención de que non desprendese cheiro. 

Comentarios