Detido un coruñés de 29 anos por agredir á súa parella

Foto de archivo en contra da violencia machista. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Foto de archivo en contra da violencia machista. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Un home de 29 anos foi detido na Coruña como presunto autor dun delito de violencia de xénero logo de agredir á súa parella, unha muller de 34 anos, informaron fontes da Policía Local.

A detención produciuse na madrugada do domingo, cando axentes do mencionado corpo acudiron a un domicilio da zona dos Mallos onde, segundo dúas chamadas telefónicas realizadas á sala do 092, estaba a ter lugar unha posible agresión dun home a unha muller.

Á súa chegada, os efectivos puideron constatar que se trataba dun piso compartido no que vivía unha parella e que o home a empuxou e tirou ao chan da habitación, tendo que intervir outros moradores da vivenda.

Por todo iso, os axentes procederon á detención do home e ao traslado da vítima a un centro de saúde para ser examinada como paso previo a interpor denuncia.

O detido quedou a disposición xudicial custodiado nos calabozos policiais sendo denunciado por un posible delito de violencia de xénero.