
A catedral a un lado; o Pazo de Raxoi ao outro; e no centro, unha exposición de embarcacións polo 25 aniversario de Culturmar
O Obradoiro luciu este sábado un decorado moi particular. Os centos de peregrinos que seguen enchendo a praza máis famosa de Compostela atopáronse cunha exposición de embarcacións tradicionais galegas.
Xa podes visitar no Obradoiro a exposición de embarcacións tradicionais galegas que conmemora os 25 anos de #Culturmar pic.twitter.com/NwPKNWIkN4
— Concello de Santiago (@PazodeRaxoi) 29 de setembro de 2018
Con esta iniciativa, entre outras programadas para as vindeiras datas, Culturmar –Federación Galega pola Cultura Marítima– celebra o seu 25 aniversario.
No Obradoiro, ademais de admirar a beleza das embarcacións, tamén hai unha unidade didáctica orientada aos escolares.