Falece tras unha saída de vía co seu vehículo en Cedeira

O accidente ocorreu ás 23:30 horas, na AC-566, á altura San Cosme do Piñeiro

Unha persoa perdeu a vida na noite deste sábado no concello coruñés de Cedeira tras dar varias voltas de campá ao saírse da vía co seu vehículo, informou o 112.

O accidente ocorreu ás 23:30 horas, na AC-566, á altura San Cosme do Piñeiro e foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ferrol para excarcerar á vítima, ao quedar atrapada no interior do turismo.

Ademais dos axentes de Tráfico, Servizos Sanitarios de Urxencia e Bombeiros, ata o lugar acudiron, nada máis ser alertados polo 112 Galicia, os efectivos de Protección Civil de Cedeira e o persoal do servizo de mantemento da vía.

Así mesmo, informouse os feitos aos membros do GES de Ortigueira e á Policía Local. 

Comentarios