Un home faleceu este xoves nunha nave en Salceda de Caselas mentres manipulaba un elevador. Segundo indicóuselle ao 112 Galicia, a máquina envorcou e o home quedou atrapado debaixo.
Os feitos tiveron lugar en Parderrubias, no alto da Forca, nunha nave na que se garda maquinaria e que se atopa no punto quilométrico 5 da estrada que une O Porriño e Salvaterra.
Un particular alertaba do ocorrido ao 112 Galicia pasados uns minutos das 16:45 horas.
Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Baixo Miño e á Garda Civil.
Unha vez na nave, a dotación de bombeiros levou a cabo a excarceración do corpo do home.